Bierzo

La Fiesta de Mayo de Villafranca declarada de interés turístico provincial

Este ano o 1º maio vén como todos os anos marcando o paso da forza da tradición que nos empuxa a celebrar a entrada da primavera co entusiasmo que esperta en nós a estación dos amores, na que as barburetas dan bicos ás flores e nas que nacen as violetas. Os vilafranquinos e bercianos fomos quen de custodiar, ano tras ano, para as novas xeraciois, para o século XXI,  este rito ancestral e sinxelo, unha tradición que soubo incorporar unha melodía tradicional relacionada co Camiño a Compostela e que durante os últimos 100 pasou de ser unha de tantas a única presenza dun maio humano no noroeste peninsular que con carácter permanente saía ás rúas. Esta festa do Maio, é unha festa singular, declarada no ano 2009 de Interese Turístico Provincial.

É un símbolo da nosa riqueza patrimonial e da nosa identidade que recibimos e que mantemos tal como era, un precioso documento etnográfico capaz de transmitir unha experiencia esencial daquel mundo rural primixenio que vive acorde coa natureza. Pero sabemos que é un legado fráxil que non é de pedra, que precisa do cariño para a súa transmisión. De aí que con ese cariño llo entreguemos aos máis pequenos, os ninos e nenas que foron a alma da súa permanencia no tempo, para que sigan sendo eles os seus protagonistas, para que de maiores sexan eles que llo ofreza aos seus fillos e fillas. Esa repetición milenaria é o que converte en tradición un costume, á vez de permitir a orixinalidade fruito das circunstancias específicas coa que se acompaña cada ano.

                Por iso este ano cargado de evocaciois literarias e poéticas vén a nosa memoria a inevitable, melancólica e humilde violeta que buscaba  Enrique Gil y Carrasco “a orillas de la fuente”,  pero tamén a esperanza, a inocencia e a alegría que el vía nas barburetas que outro poeta, Fernández Morales,  cantou bicando nas flores.  Este ano romántico vai imprimir un selo especial aos actos que arroupan a tradición e que contribúen a darlle unha dimensión diferente a esta festa distinta.

Recuperamos para a noite do día 2 a ronda e desde os balcois, nas rúas e prazas de Vilafranca ecoarán os coloquios de amores, barburetas e flores, entre gaitas e cantos de veciños e visitantes que dará comezo cunha ofrenda romántica ao noso poeta Enrique Gil ao pé da súa tumba, como el deixou escrito nunha emotiva premonición:

Ven mi tumba a adornar, triste viola,

y embalsama  su oscura soledad;

sé de su pobre césped la aureola

 con tu vaga y poética beldad.

 

 Quizá al pasar la virgen de los valles,

enamorada y rica en juventud,

por las umbrosas y desiertas calles

do yacerá escondido mi ataúd,

 

 irá a cortar la humilde violeta

y la pondrá en su seno con dolor,

y llorando dirá: ¡Pobre poeta!,

ya está callada el arpa del amor”.

PROGRAMA DE ACTOS

 

1º maio. O MAIO TRADICIONAL

Ás 9 da mañá saída a cortar as cañabeiras polos arredores da vila.

Acto seguido comezan a vestirse os maios:

                                           Lugares:  Campo da Galiña, As Veigas altas, Socubo e a Cábila.

Ás 11 da mañá comezan os distintos percorridos polos barrios da vila.

Ás 14 horas xúntanse todos os grupos na Praza Maior.

Comida campestre de todos os participantes.

18.00  O BRINCA VAI en VILAFRANCA

Entrega dos Premios dos Concursos dos Intercambios escolares Martín Sarmiento que contará coa actuación de Paco Nogueiras co espectáculo musical BRINCA VAI! *

2 de maio:  COLOQUIO TEATRAL DE AMORES, BARBURETAS E VIOLETAS *

  • Ás 17.00 Arroupando a tradición: preparando a ronda. Iniciamos o adorno das rúas por onde se fará o percorrido nocturno.
  • Ás 11 da noite dará comezo o Coloquio teatral de amores, barburetas e violetas na realizaremos unha ofrenda simbólica de violetas e poemas ante ao escritor Enrique Gil y Carrasco con motivo da celebración do Bicentenario do seu nacemento e do denominado Ano Romántico.

Guiarán o percorrido os regueifeiros Luis Correa “Caruncho” e Bieito Lobariñas, ademais de contar coa participación dos actores  “Los  Epidauros”  así como dos músicos da vila e/ou dos visitantes.

                                         *En caso de chuvia as actividades terían lugar no Teatro.

festa do mayo 2015 villafranca del bierzo

¿Acabas de presenciar un accidente o similar? Envíanos tus fotos, vídeos y noticias por WhatsApp

623 11 88 11 (Pincha desde el móvil)

¡Agréganos a tus contactos!

Síguenos en nuestras redes sociales

1 Comment

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *