Bierzo

Villafranca del Bierzo presenta su programa de su Festa do Maio 2024

Villafranca del Bierzo presenta su programa de su Festa do Maio 2024, arroupando a tradición

Comenzará la Desto do Maio 2024 el 30 de abril con el ADORNO DE BALCOIS: Na tarde do 30 de abril facemos un chamamento a que os veciños e veciñas da vila adornen os seus balcois con xestas e carqueixas ou outros vexetais como mostra colectiva de recibimento da primavera para logo á noitiña achegarse ao xardín.

Ás 20,00 saída do BURRO CRUCIS da Casa da Cultura e ás 22,00 QUEIMA DO BURRO DO INVERNO PARA RECIBIR A PRIMAVERA na Alameda.

A seguir concerto na Alameda do Grupo folk LA PÚCARA, unha ocasión de cantar e bailar celebrando o remate do inverno. Programamos este Concerto de Primavera contando coa colaboración do Concello de Vilafranca que vén apostando por fortalecer deste xeito cada ano esta festa tradicional, sinal vivo da nosa riqueza patrimonial.

1 de maio

9,00 Saída a cortar as cañaveiras polos arredores da vila. Logo comezan a vestirse os maios nos lugares habituais: Campo da Galiña, As Veigas Altas, Socubo e A Cábila.

11,00 Percorrido polos barrios e prazas da vila pedindo castañas maias aos peis dos balcois, de porta en porta cantando e deitando aos maios ao son das coplas tradicionais e a antiga melodía que acompaña aos nosos maios.

14,00 Todos os grupos xúntanse na Praza Maior para cantarmos : Levántate maio, bastante durmiche, pasou un burro e non o sentiche.

A continuación comida campestre de todos os participantes no Campairo. Como xa vén sendo norma co compromiso de redución do uso de todo tipo de plásticos.

Nota: O maio do barrio do Socubo manterase independentemente das obras que afectan a
esa zona. No caso de que a chuvia nos visite o concerto se realizarán no Teatro Vilafranquino e
a comida do día 1 nas naves da Praza da Xirula.

CUATRO CONSELLOS PARA MANTER A NOSA TRADICIÓN VIVA

1º/ IR CORTAR AS CAÑAVEIRAS PARA O TEU GRUPO DE MAIO: A festa realmente comeza coa corta das cañaveiras, cada barrio prepara de principio a fin o seu maio. Así se fixo sempre, logo teremos que traballar para que así se siga facendo. Se pensas participar queda cos teus amigos/as para ir cortar as cañaveiras, as flores e outros adornos vexetais e poder montar logo o teu maio.

2º VESTIR UN MAIO HUMANO, UNHA GRAN RESPONSABILIDADE:
– APRENDER A VESTIR UN MAIO: Vestir un maio non é fácil, pero tampouco é difícil. Pero non é doado manterse o máis quedo posible, a pesar de estar atado para non desarmar o vestido de cañaveiras. Unha das claves é que as persoas que se vistan teñan presente que se van a converter en árbores andantes. Terán que cubrirse por completo coas cañaveiras e para que non se caian ao andar haberá que atalas con corda e con xeito ao corpo de quen se viste.

-SE TE VAS VESTIR TU, LEMBRA QUE O MELLOR MAIO É O QUE NON SE SABE QUEN VAI DENTRO: As persoas que se visten deberán permanecer o máis ríxidas posible, cos brazos e maos atadas ao corpo. Dos xeonllos abaixo irán libres para poder andar a pequenos pasiños. Unha das cousas máis importantes para respectar o espírito ancestral da festa é que quen se vista de maio non sexa recoñecido por ninguén, logo debe ir ben cuberto o seu rostro como se fose unha máscara, só debe levar os ollos libres para ver por onde camiña.

3º/ CANTAR POLAS RÚAS A CANCIÓN PEDINDO CASTAÑAS A CALQUERA VECÍN: Os maios chegan a todas as casas de Vilafranca e cada vecín ou veciña da vila espera participar da festa, logo hai que pararse a pedir as castañas en cada casa na que vexamos xente, cantar o “Tire castañas, señora María…” e logo se dan algo ao maio, unha copla de agradecemento, e se non deron nada, botar unha do estilo: “Estas portas son de lousa onde vive unha roñosa”.

4º/ PARTICIPAR DA FESTA TAMÉN É BOTAR AS CASTAÑAS DENDE OS BALCOIS: Non só cantando, tamén é importante botar as castañas ou darlle algún diñeiro aos maios, parte substancial do ritual. Trátase de agradecer dalgunha maneira traer a alegría da Primavera, da Natureza e todos os seus bens á porta da casa. E lembrade que: “Se non comes castañas o primeiro de maio, darache o desmaio”.

¿Acabas de presenciar un accidente o similar? Envíanos tus fotos, vídeos y noticias por WhatsApp

623 11 88 11 (Pincha desde el móvil)

¡Agréganos a tus contactos!

Síguenos en nuestras redes sociales